Muller e música en Galicia

O pasado día 13 de outubro inaugurouse unha exposición do proxecto na Fundaçom Artábria (en Ferrol), que se poderá ver ata mediados de novembro. O local organizou unhas xornadas para ese mesmo día dedicadas á visibilización da muller na música en Galicia, que incluía a propia inauguración da mostra e unha mesa redonda onde participaron Patty Castro (presidenta do colectivo Mulleres Galegas Kañeras), María Xosé Silvar "SES", Cecilia Carballido da productora Cunde (quen aportou a súa visión de muller que traballa na música, pero "detrás do escenario") mais Laura Romero (autora de Músicas Galegas Ilustradas). O broche final foi o concerto de MJ Pérez, cantautora arzuá, que está a presentar o seu novo traballo, Casandra. 

(Fotografías de Laura Romero e de Esperanza Vázquez Dopico)












(Foto de Esperanza Vázquez Dopico)

(Foto de Esperanza Vázquez Dopico)

(Foto de Esperanza Vázquez Dopico)

(Foto de Esperanza Vázquez Dopico)





(Foto da Fundaçom Artábria)

(Foto de Esperanza Vázquez Dopico)