O proxecto no IES Xesus Taboada Chivite de Verín

O equipo de normalización lingüística do IES Xesus Taboada Chivite (Verín), acolle no seu salón de actos unha pequena mostra do proxecto Músicas Galegas Ilustradas. O centro trata así de que o alumnado teña presente a gran cantidade de mulleres que hai no panorama musical galego, e pretende crear conciencia de que na maior parte dos festivais elas aínda son minoría. 

A exposición estará neste centro todo o mes de outubro e a primeira semana de novembro. 

Ligazón do blog do Equipo de Normalización Lingüística do centro:

http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es/2017/09/exposicion-musicas-galegas-ilustradas.html