Elas din...



Muro de opinións de mulleres en relación á música


Teño moitas anécdotas, pero destacaría sobretodo ás da época de Tardepiache Ska Fusión. Eramos unha banda de temas propios en galego, reivindicativa e festiva. Na formación chegamos a ser nove persoas e catro delas mulleres! Saxo, trombón, teclado e voces! Para min esto xa é máis que destacable porque non é moi común ver tantas mulleres nunha soa banda. Por outro lado, somos moi pocas con voz nos festivais. O liderazgo e a voz está copada polo sector masculino. Nestes anos tiven a sensación que sempre tiña que demostrar algo máis que os cantantes homes doutras formacións. Coidado co que dis, hai que quedar ben con homes e mulleres e con todas as ideoloxías...e teño a sensación de que non se mira tanto iso cando falan os homes cun micro na man. 

Noutros grupos tamén me costou que se tivera en conta a miña opinión para temas tan normais como escoller repertorio, a temática das cancións, O TONO NO QUE SE TOCAN OS TEMAS (certa oposición a subir os temas de tono, cando a miña tesitura é mais alta). Si, pode parecer unha tontería, pero son micro situacións que me fixeron sentir impotencia. Sentín que non se respectou a natureza da miña voz e o meu estilo. Aprendín a que a miña opinión se tivera en conta sen chistes nin reproches. 

En canto á visiblidade da muller na música  parece que temos que demostrar máis que eles. Se a muller no grupo e na música non ten un carácter forte e arrollador...ten menos posibilidades. Se queremos que nos vexan e  se den de conta que estamos aí temos que: 
- cantar coma os anxos 
- no seu defecto dar unha forte sacudida e poñer rectos a uns cantos. 


Todas as que nin o primeiro nin o segundo...non existen. Ou nos vai costar máis o recoñecemento e a visibilidade.

Jéssica Rodríguez.
Galega,Cantante e Educadora.







Se es música (con grupo, sen grupo, de banda municipal, de orquestra, estudiante, etc), profesora de música, investigadora, productora, técnica de son, directora, periodista musical, traballadora dunha sala de concertos, etc, e queres contar algunha anécdota personal, dato ou comentario en relación ó tema do proxecto Músicas Galegas Ilustradas (a visibilización da muller na música), escribe a:

musicasgalegasilustradas@gmail.com