- Cantautoras


Aldara

--------------------------------------------------------------------------------------
Cora Sayers

Cora Velasco é actriz e é pontevedresa, mais decidiu comezar na música no 2014 co nome de Cora Sayers. Nese mesmo ano presenta o seu traballo, un EP chamado Origen, e dous anos máis tarde, o LP I´m home. Grande admiradora de PJ Harvey, cousa que se ve en temas coma You, Home. O seu estilo, guitarreiro, indie, rockeiro e con toques punk. 

Máis información no facebook e na web


--------------------------------------------------------------------------------------
MJ Pérez

María José Pérez é de Arzúa e ven do mundo do audiovisual (graduada en Comunicación audiovisual). Como ela mesma conta, empeza a gravar de forma caseira as súas primeiras composicións e a publicalas na rede, que acaban por formar o seu primeiro traballo con 10 temas. Comeza a xirar por salas galegas, resulta finalista do I Certame de Canción de Autor en Galego no 2014 e un ano máis tarde presenta o seu novo traballo, Guerrilleira. Tamén comezan os seus primieros concertos con banda. No 2016 acompaña á banda de Xanceda Ith na súa xira de presentación de Forte, e queda segunda no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña. En setembro do 2017 presenta o seu último disco, Casandra, no que colaboraron o cantante Serj, Richi Casás ou Paco Cerdeira, entre outros. 

Máis información no Bandcamp  e no facebook



--------------------------------------------------------------------------------------
Najla Shami

Najla naceu en Santiago de Compostela, pero considérase filla de tres culturas: a galega, a palestina e a arxentina. Ós 17 anos comeza a tocar a guitarra, mais leva estudiando música dende a infancia. A súa influencia ven do funk, do jazz e das worls music. Entre o 2003 e o 2011 colabora en diversos traballos de diversos estilos. En xullo do 2013 saca o seu traballo en solitario, Na lingua que eu falo, no que se centra na figura de Rosalía de Castro. Musica poemas, fai dous temas orixinais e unha nova versión de Negra Sombra, sempre co seu toque persoal e multicultural.

Máis información na súa web e no facebook



--------------------------------------------------------------------------------------
Palito

--------------------------------------------------------------------------------------
Paloma Suanzes

Ferrolá, saca o seu primeiro traballo titulado Feitizo. A súa inspiración ven tanto da música antiga e a cultura galega como do folk (non só galego) e das músicas do mundo. Compartiu escenario con Uxía Senlle, Ana Romaní, Menchu Lamas, María Manuela, Sonia Lebedynski, Mercedes Peón, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Uxía Pedreira, e Olga Naveiras entre outras. 

Máis información no facebook.



--------------------------------------------------------------------------------------
SES

María Xosé Silvar, SES, nace na Coruña e actualmente é unha das artistas galegas máis recoñecidas e con máis actividade sobre os escenarios. O seu compromiso coa terra, a lingua, e a cultura galega en xeral, ademáis dos problemas de xénero e clase, sumados á forza que transmite, fan dela unha artista única. Por suposto, inspírase na cultura popular galega á hora de compoñer, pero tamén os sons americanos (dende o blues ata a música latina) teñen moito peso. 

Comezou a súa carreira musical cun grupo de amigos chamado Chámalle Xis!, que gozou de moita repercusión e dunha xira bastante ampla por toda Galicia, incluso gañando un premio no certame A Coruña Son. Colaborou tamén coa banda Zënzar, con Xabier Díaz e con Guillerme Fernández. No 2010 grava unha maqueta con tres temas, e un ano máis tarde o seu primeiro álbum, Admirando a condición. Co xenio destrozado, do 2013 e presentado no Teatro Principal de Santiago de Compostela, é o seu segundo traballo, ó que lle seguiu dous anos máis tarde Tronzar os valos. A finais do 2016 presenta o seu último disco, Opoñerse á extinción

Máis información na web e no facebook



--------------------------------------------------------------------------------------
Silvia Penide

A coruñesa conta seis traballos discográficos, que comezan con Kilómetros, do 2002. Con Las erres dobles e Animal de compañía, Silvia Penide comeza a ser moi valorada (Mondo Sonoro, Radio3...) e compartiu escenario con Annie B. Sweet, Mäbu e Mercedes Peón. O seu último traballo, do 2016, titúlase Todo pintado de plata. Foi gañadora do Premio Martín Códax, participou en grandes festivais como o Festival de la Luz e en Madrid comeza a formar parte dos Escenarios Cómplices de Mahou” donde se atopaban grupos coma Los Secretos ou La Fuga.

Máis información na web e no facebook



--------------------------------------------------------------------------------------

Sofía Espiñeira

Natural de Mugardos, e con vocación musical dende nena, comeza a estudiar clarinete e acadando o Grado Elemental no Conservatorio. Cando colle a guitarra tamén comeza a compoñer e cantar de maneira autodidacta. Estudia Xornalismo, pero tamén agroma o interés pola danza e o circo, camiño que escollerá despois da carreira. No 2015 forma parte de proxectos de danza, teatro, títeres, e é cando resulta gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo, o cal lle permite gravar o seu disco, Alá onde agroman as herbas. 

Máis información na web e no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------



Yoli Saa