- Rap / Electrónica

Wöyza


De raíces uruguaias pero criada en Vigo, onde comeza a cantar sendo adolescente. A súa música é unha mestura de rap con soul e R&B, estilos dos que se influencia (Donny Hathaway, Ray Charles, Anita Baker, Aretha Franklin...). No 2003 coñece a El Puto Coke, con quen traballará e sacará temas con moita influencia do soul. 

No 2008 saca o seu primeiro disco, Pisando el suelo que ves, con Licor Kafé Prods. En marzo do 2009 presenta o seu directo no local vigués Sala A, que resultou un gran acontecemento para o panorama do hiphop da cidade e no que participaron Dani Reus, el Payo Malo e todo o elenco de Licor Kafé Prods. Compartiu escenario con artistas coma Fat Joe, PMD, Mind Da Gap, Beatnuts, Sain Supa Crew, Dealema, Arianna Puello, FrankT, Nach, Falsalarma, One, Duo Kie, Aniki, Ikah, Flavio Rodríguez, Eddine Said, Diargi, Dani La Piedra, Dani Reus, Kesia, Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Bomba Estéreo, o Ialma.

No 2015 saca o maxi EP Si/No, e no 2016, o seu último traballo, Pelea.

Máis información no facebook e na web.


Mounqup

Camille Hédouin é francesa pero galega de adopción. O seu estilo é difícil de clasificar, entre a electrónica máis experimental, o jazz, o pop e o folk. Hai quen a chama a "Björk galega". Poderíase describir a súa música coma collages sonoros, que recordan incluso á música tribal. O seu disco titulado Proba de Son viu a luz en abril do 2017, e é unha amálgama de culturas e influencias. Foi gañadora do premio Fran Pérez Narf da Deputación de Coruña este mesmo ano.

Máis información no facebook e na web